logo Marea de Vigo

Proposta:

              Cumprimento real e efectivo da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística. 

O Concello de Vigo debe manifestar o seu compromiso coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, tratado internacional que garante os dereitos lingüísticos, nomeadamente en relación á lingua galega como lingua propia e oficial de Galiza e inste a a Xunta a:

          1. Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e esixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Consello de Ministros.

          2. Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na liña 640 do informe que afirma que o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo contradí o establecido na Carta, e co punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.

          3. Elaborar, de maneira ampla e consensual, un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística e acorde co sinalado na Carta Europea.

          4. Que, mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual, derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en lingua galega.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.