logo Marea de Vigo

Proposta:

        Creación dunha rede de Bibliotecas Municipais

Vigo é unha cidade con 300.000 habitantes (500.000 incluíndo a área metropolitana) que só conta con dúas bibliotecas públicas: a Biblioteca Central, no Casco Vello, e a Biblioteca Xosé Neira Vilas, no Calvario. Non existe polo tanto unha rede municipal de bibliotecas axeitada dada as dimensións da cidade.

As bibliotecas garanten o dereito de todas as persoas a acceder á cultura (libros, música, internet, cines e actividades culturais) independentemente dos seus recursos económicos ou do barrio en que vivan. Apoian o traballo dos colexios, promoven a lectura, facilitan tanto a formación das persoas maiores como a da mocidade. Axúdannos na procura de emprego, dannos un lugar de encontro para a xente do barrio onde informarnos das actividades e promover e preservar a cultura local.

A cidadanía de Vigo non pode seguir sen contar cun servizo de bibliotecas nos barrios, xa que isto entorpece o desenvolvemento cultural e intelectual de toda a poboación e a sitúa na cola das cidades do estado en canto a Servizos Públicos de Bibliotecas.

Ademais, o Concello debe instar ao goberno do Estado á imprescindible creación dunha biblioteca pública do Estado en Vigo; única cidade galega que non conta con ela.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.