logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

    Institucional

Co fin de facer real e efectivo o principio de igualdade en todos os ámbitos nos que participamos as mulleres, adecuando a motivación e a oportunidade das medidas á realidade actual da nosa cidade, propoñemos:

- Avaliación, actualización, implantación e seguimento do Plan Municipal para a Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

- Emprego dunha linguaxe non sexista nas comunicacións institucionais.

- Reformulación da actual Área de Igualdade: máis persoal con formación especializada e dotación orzamentaria.

- Políticas específicas para mulleres que combatan a desigualdade e redunden no benestar colectivo da cidade, atendendo especialmente ás necesidades máis inmediatas (vivenda, emprego, saúde, educación, discriminación…)

- Inclusión da perspectiva de xénero no deseño e implantación de políticas, programas, recursos e servizos.

- Deseño, implantación e compromiso cun protocolo de boas prácticas, baseado na perspectiva de xénero.

- Apertura de canles de participación, impulso e empoderamento das mulleres; posibilitando o acceso igualitario aos recursos económicos, políticos, sociais e culturais, así como á formación e á información.

- Promoción da igualdade efectiva entre mulleres e homes; favorecendo a paridade nos órganos de representación municipal, comisións, comités, etc., propiciando tamén que na cabeza de lista destes órganos estean mulleres.

- Dinamización do Consello Municipal das Mulleres como espazo de encontro, diálogo e corresponsabilidade das organizacións de mulleres na política municipal; fortalecendo o seu carácter asesor, informativo e consultivo; defendendo a súa autonomía e promovendo, na súa composición, a presenza e participación de representantes das organizacións e asociacións de mulleres, así como das áreas de muller das organizacións mixtas.

- Fomento das relacións de igualdade no desenvolvemento das atribucións da corporación local.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.