logo Marea de Vigo

Proposta:

      Emprego (acceso e promoción)

Co fin de corrixir as desigualdades existentes e promover que as mulleres poidan acceder e desenvolverse no emprego en condicións de igualdade, favorecendo a súa autonomía e subsistencia, propoñemos:

- Deseño de estratexias de formación e fomento do emprego, tendo en conta a situación da que parten os diferentes sectores de mulleres, segundo a idade, o nivel de formación, a funcionalidade, a orixe e a situación familiar.

- Inclusión da perspectiva de xénero nos contratos que se subscriban con persoas e empresas alleas á administración municipal, así como na planificación de programas públicos e das condicións de subvencións para o financiamento de obras, servizos e subministros.

- Deseño de medidas, desde os servizos de emprego, especialmente orientadas á superación da segregación ocupacional e laboral dalgúns sectores profesionais.

- Estudo e potenciación de fórmulas de creación de emprego local axeitadas a mulleres desempregadas dentro do marco da economía social.

- Promoción de medidas específicas que garantan a igualdade de oportunidades e non discriminación no acceso e promoción no emprego de mulleres con diversidade funcional, LGTBIQ+ e mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas.

- Inclusión das problemáticas LGTBIQ+, de mulleres funcionalmente diversas e de mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas, incluso nos programas subvencionados con fondos europeos, ampliando así a cobertura das accións de igualdade de oportunidades para o acceso ao emprego.

- Deseño e desenvolvemento de campañas de sensibilización para combater o acoso laboral.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.