logo Marea de Vigo

25
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

   Saúde

Co fin de superar o sesgo de xénero e promover unha atención axeitada á diversidade das demandas de saúde e benestar, propoñemos:

- Deseño de campañas de sensibilización que promovan a inclusión da perspectiva de xénero e a análise do sexo na investigación e na práctica sanitaria.

- Fomento de hábitos saudables de vida para eliminar os hábitos negativos (exceso de traballo, estrés, sedentarismo, etc.) e adquirir hábitos positivos (exercicio moderado, descanso axeitado, alimentación saudable, etc.) que promovan o equilibrio entre os autocoidados e as esixencias laborais e produtivas.

- Deseño e desenvovemento de cursos de educación afectivosexual continuada, para diferentes idades e colectivos que favorezan a consideración da sexualidade como unha dimensión das persoas que se materializa na vivencia do pracer, non exclusivemente heterossexual e que potencien unha valoración positiva da diversidade sexual das persoas.

- Planificación de campañas específicas para mulleres que fomenten unha vivencia positiva da súa corporeidade ao longo do ciclo vital.

- Desenvolvemento de campañas e/ou actividades de información, sensibilización, investigación e/ou formación do persoal en profesións relacionadas coa saúde que promovan unha atención sanitaria con perspectiva de xénero, unha atención específica a mulleres lesbianas, bisexuais e persoas transexuais e intersexuais e unha atención sanitaria sensibilizada coa diversidade cultural de mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas.

- Deseño de campañas de información e prevención sobre as infeccións de transmisión sexual.

- Instar á Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo a tomar unha serie de medidas como: consultas específicas, formación para o persoal sanitario e creación dunha unidade multidisciplinar composta por profesionais da saúde en materias como xinecoloxía, radioloxía, ciruxía, etc., así como especialistas en dor que mellore a atención das mulleres con endometriose.

- Deseño de campañas informativas, desde a institución municipal, nos centros educativos, así como distribución de material informativo obxectivo para dar a coñecer a endometriose e tratar de acurtar o máximo posible os tempos de diagnóstico.

 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.