logo Marea de Vigo

25
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

     Ecofenimismo

Co fin de favorecer alternativas que, afastadas da sobreexplotación de recursos, poñan as vidas no centro e contribúan ao fortalecemento dos pilares básicos para unha convivencia xusta, equilibrada e respectuosa co ecosistema do que formamos parte, propoñemos:

- Deseño de campañas de sensibilización e información sobre modelos económicos sostibles.

- Deseño de campañas de sensibilización e información sobre consumo responsable.

- Creación de programas de educación emocional e ecolóxica como apoio á comunidade educativa na transmisión dos valores de liberdade, igualdade e solidariedade.

 

Comparte a proposta

2
emenda de Iria Sotelo Fernández
Engadir os seguintes puntos :
"-  Creación dun servicio municipal de recollida e xestión de residios de hixiene femenina, pañales e toallitas.

- Organización de campañas de información (cartas,cartaces, etc..) e sensibilización sobre o uso e reciclaxe destes productos."

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.