logo Marea de Vigo

Proposta:

    Diversidade afectivo sexual e de xénero

Co fin de visibilizar e naturalizar a diversidade de identidades e orientacións sexuais, promover a inclusión e participación das persoas LGTBIQ+ e erradicar a tolerancia das violencias ás que se ven expostas, propoñemos:

- Apoio e fortalecemento das relacións coas asociacións LGTBIQ+.

- Creación dun programa de información a persoas LGTBIQ+, a súa contorna familiar e relacional, con actuacións de carácter formativo, informativo, de asesoramento e sensibilización, dirixidas a profesionais e ao conxunto da poboación.

- Tranversalización da perspectiva das asociacións LGTBIQ+ aos diferentes espazos de participación cidadá e áreas municipais.

- Creación de programas de prevención da exclusión social de mulleres que exercen a prostitución, dirixidos especialmente ás mulleres transexuais, favorecendo a súa inclusión e abrindo o abano de opcións, cara a supervivencia e saída, sen contemplar a explotación dos seus corpos.

- Recoñecemento institucional da celebración do día 28 de xuño, día do orgullo LGTBIQ+.

- Impulso de políticas que promovan a denuncia das agresións e discriminacións cara as persoas LGTBIQ+.

- Deseño de campañas de sensibilización e información respecto aos delitos de odio por orientación sexual ou identidade de xénero.

- Deseño de actividades formativas para mediadores/as xuvenís (informadores/as, animadores/as, voluntarios/as, etc.) en materia de atención a persoas LGTBIQ+, promovendo unha atención especializada á súa realidade.

- Campañas de sensibilización en actividades xuvenís, asociacións de ocio e tempo libre, deportivas, culturais, etc. cara a prevención da discriminación e trato non igualitario nestes espazos.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.