logo Marea de Vigo

31

Proposta:

   Diversidade funcional

Co fin de facilitar procesos de participación, empoderamento e capacidade de decisión, desde unha perspectiva feminista, das mulleres funcionalmente diversas, en todos aqueles aspectos que lles afecten directamente, fortalecer a súa autonomía, o seu protagonismo e ter en consideración as súas necesidades no deseño e implantación de políticas, actuacións, servizos e recursos, propoñemos:

- Creación de canles de comunicación que permitan tecer rede coas organizacións e asociacións nas que participen as mulleres funcionalmente diversas, diversificando os espazos de encontro e diálogo.

- Impulso de políticas que promovan a denuncia das agresións e discriminacións cara ás mulleres funcionalmente diversas.

- Deseño de campañas de sensibilización e información respecto ás prácticas discriminatorias cara ás mulleres funcionalmente diversas, derrubando prexuízos e estereotipos.

- Deseño de actividades formativas para mediadores/as xuvenís (informadores/as, animadores/as, voluntarios/as, etc.) en materia de diversidade funcional; promovendo unha actuación respectuosa con todas as mozas e os mozos.

- Campañas de sensibilización e prevención en actividades xuvenís, asociacións de ocio e tempo libre, deportivas, culturais, etc. para a prevención da discriminación e trato non igualitario nestes espazos.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.