logo Marea de Vigo

25

Proposta:

Diversidade cultural

Co fin de ampliar e diversificar os espazos que serven de marco para o deseño de políticas e actuacións cara a consecución da igualdade de trato das mullers de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas, garantindo o coñecemento mutuo, así como a presenza, inclusión e participación de voces e culturas diversas, propoñemos:

- Facilitación, a través de procesos de participación, empoderamento e capacidade de decisión, desde unha perspectiva feminista, das mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas en todos aqueles aspectos que lles afecten directamente, fortalecendo a súa autonomía, o seu protagonismo e a atención das súas necesidades.

- Creación de canles de comunicación que permitan tecer rede coas organizacións e asociacións nas que participen as mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas, diversificando os espazos de encontro e diálogo.

- Impulso de políticas que promovan a denuncia das agresións e discriminacións cara as mulleres de orixe diversa, migrantes e/ou racializadas; erradicando a tolerancia das violencias ás que se ven expostas.

- Deseño de campañas de sensibilización e información respecto aos delitos de odio cara ás mulleres por razón de orixe, etnia e/ou cor de pel derrubando prexuízos e estereotipos.

- Deseño de actividades formativas para mediadores/as xuvenís (informadores/as, animadores/as, voluntarios/as, etc.) en materia de interculturalidade; promovendo unha actuación respectuosa coa diversidade das mozas e dos mozos.

- Campañas de sensibilización e prevención en actividades xuvenís, asociacións de ocio e tempo libre, deportivas, culturais, etc. para a prevención da discriminación e trato non igualitario nestes espazos.

Comparte a proposta

2
emenda de Iria Sotelo Fernández
Substituir " diversificando os espazos de encontro e diálogo" por " Creación de espazos de encontro e diálogo"
1
emenda de Iria Sotelo Fern�ndez

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.