logo Marea de Vigo

26

Proposta:

Cidade e seguridade

Co fin de artellar un modelo de cidade amable, adaptada, segura e respectuosa coas mulleres e que recoñeza a súa contribución á sociedade, propoñemos:

- Inclusión da perspectiva de xénero na planificación e deseño dos espazos e edificios públicos, así como na mellora do transporte público lixeiro.

- Incremento de nomes de mulleres nas rúas, edificios públicos, parques, xardíns, etc. e de esculturas que non estereotipen ás mulleres nos seus roles tradicionais.

- Formación en prevención ao corpo da Policía Municipal; promovendo a igualdade de trato e non discriminación das persoas por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, así como das mulleres funcionalmente diversas, de distintas orixes, migrantes e/ou racializadas.

- Deseño de programas de formación específica, a realizar polo corpo da Policía Local; na procura dun trato axeitado ás mulleres que sofren violencia machista.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.