logo Marea de Vigo

25
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

  Cultura

Co fin de favorecer o acceso das mulleres á produción e xestión cultural, visibilizar a achega cultural e artística de mulleres diversas e garantir a igualdade de trato e participación nos procesos de creación, propoñemos:

- Deseño de políticas de acción positiva.

- Posta en marcha de programas de recuperación da memoria, pasada e presente, mediante concursos, becas de investigación e cotas na compra de novas obras artísticas e fondos bibliográficos.

- Visibilización de propostas alternativas, afastadas de estereotipos e clixés, que promovan o espírito crítico entre a cidadanía.

- Rexeitamento, a través da non concesión de subvencións, de programas, grupos ou colectivos que discriminen ás mulleres.

- Programación das festas municipais con perspectiva de xénero, reivindicando e garantindo a presenza de mulleres artistas, con especial consideración ás creadoras locais, nos distintos espazos e escenarios.

- Fornecemento de espazos de lecer e creatividade nos que se fomenten as relacións interpersoais non patriarcais.

- Acompañamento ás asociacións e movementos populares na despatriarcalización das nosas tradicións e formas de relacionarnos.

Comparte a proposta

0
emenda de Noemí Silva Álvarez
Coido que hai unha errata, por iso solicito:
substituír "Mobilidade XII" por "Políticas de Igualdade XII", no corpo do título da proposta.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.