logo Marea de Vigo

Proposta:

  Asociacionismo e participación

Co fin de favorecer o diálogo civil das organizacións de mulleres coa institución municipal e garantir a presenza de mulleres nestes foros, propoñemos:

- Creación de canles efectivos de comunicación entre as diversas asociacións de mulleres e o Concello, en torno ao Consello Municipal de Mulleres, prestando especial atención a súa diversificación.

- Fortalecemento e reestruturación, se é necesario, daqueles espazos xa existentes, dotándoos de recursos (económicos, materiais e humanos) para garantir a continuidade da súa actividade.

- Dotación de espazos e recursos apropiados para as organizacións de mulleres novas, alentando a súa participación e contribución ao debate, deseño e desenvolvemento de políticas e actuacións axeitadas ao seu rango de idade.

- Flexibilización de horarios e condicións de accesibilidade aos espazos de participación e pensamento colectivo.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.