logo Marea de Vigo

Proposta:

      Adopción de medidas específicas que garantan os dereitos en procesos de violencias machistas:

o   Formación en igualdade para todas as persoas empregadas no propio Concello.

o   Modificación do acceso ao Centro de Emerxencia, sen a obrigatoriedade dunha denuncia previa, se a consideración profesional do persoal que atende ás mulleres así o indica.

o   Medidas, a longo prazo, que promovan vivendas sociais destinadas a mulleres vítimas de violencia machista.

o   Posta en marcha de programas de reincorporación laboral, desde o Concello, adaptados ás necesidades e á realidade das mulleres vítimas de violencia; isto é, abertos durante todo o ano e con garantías de efectividade.

o   Rexeitamento da corporación municipal ao Síndrome de Alienación Parental por carecer de base científica, tal e como o recomenda o Consello Xeral do Poder Xudicial.

o   Instar á Xunta ao aumento de persoal dos Puntos de Encontro con formación específica en perspectiva de xénero e con experiencia en casos de violencia machista.

o   Instar aos organismos pertinentes á formación específica en violencia machista de todos/as os/as profesionais que teñan que ter contacto coas vítimas (policías, fiscais, avogados/as da quenda de oficio, traballadores/as socias, etc.), así como en áreas específicas como o IMELGA e outras de iguais características.

o   Instar ao Goberno do Estado á modificación do Código Penal en canto á suspensión definitiva da patria potestade en delitos moi graves (asasinato, intento de asasinato, violencia sexual) e nos delitos considerados menos graves, a obrigada avaliación e seguimento do agresor no que respecta á relación cos/as fillos/as e na posibilidade de darlle opción ás crianzas testemuñas de violencia machista a rexeitar ir co maltratador se así o deciden.

Comparte a proposta

1
emenda de Noemí Silva Álvarez
Engadir na lista, como punto 5:
"ampliación da dotación de espoazos de acollida e atención especializada, adaptada ás necesidades das mulleres vítimas de violencia machista".

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.