logo Marea de Vigo

24
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Se consideramos prioritario o control da legalidade e eficacia, así como a promoción da participación, son obxectivos fundamentais dun modelo municipalista alternativo e para conseguir unha administración cuns servizos públicos de maior calidade, transparentes e con garantías de control, cómpre acometer o desenvolvemento de proxectos de cidades intelixentes.

Algunhas medidas deste proxecto serán:

      - Instalación de rede telemática en todo o municipio. Ampliación da páxina web do   Concello non só para ser unha canle entre a poboación e o Concello para a realización de calquera tramitación administrativa, senón tamén para a formulación     de queixas ou suxestións, así como o mantemento dunha canle aberta co alcalde e os concelleiros.

      - Creación dunha cartografía municipal dixital que permita a xestión do territorio e do seu mantemento, do control do mobiliario urbano, da rede semafórica, etc., así como o uso da información catastral propia por parte de cada cidadá e cada     cidadán.

      - Facilitar a tramitación nas oficinas municipais da firma electrónica mediante os oportunos convenios coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre como paso previo á tarxeta de identificación cidadá que permita realizar calquera trámite municipal (consultas, pagamento de impostos, tramitación de licenzas, certificados, etc.) desde o domicilio a través da páxina web do Concello.

      - Postos de información cidadá, conectados ao servidor municipal, para facilitar as         consultas e a realización de trámites administrativos a través deles. 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.