logo Marea de Vigo

33
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

Realizar unha auditoría da débeda municipal e da xestión das empresas privadas adxudicatarias de servizos públicos, nomeadamente Vitrasa e Aqualia.

      - Redactar un protocolo de transparencia e boas prácticas.

      - Establecer os mecanismos que obriguen o alcalde e o equipo de goberno a render contas das súas actuacións.

      - Facer público o patrimonio dos concelleiros e concelleiras, antes da toma de posesión, da condición de representante político, cada ano durante o exercicio do cargo, e finalmente ao remate do mesmo.

      - Divulgar os informes técnicos que conteñan reparos á actividade do goberno municipal.

      - Garantir a independencia da actividade do persoal municipal, en especial, a dos responsábeis da secretaría, da intervención e da tesouraría.

      - Establecer a rendición de contas das empresas privadas, adxudicatarias de contratos públicos e organizacións receptoras de subvencións. Publicaranse e poranse a disposición da cidadanía para a súa posíbel fiscalización.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.