logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Repensamento do Proxecto de rehabilitación da Panificadora. Ao non ser a ubicación final da futura biblioteca do Estado, Marea de Vigo seguirá a defender a súa concreción como grande espazo público para o tecido asociativo da cidade, con espazos propios e comúns e con aproveitamentos culturais gratuítos. Todo elo sen que signifique a non conservación e rehabilitación íntegra de todos os espazos, sen cambiar as súas características estruturais. Declaración como BIC (Ben de Interese Cultural) e incorporación ao conxunto histórico e artístico do Casco Vello.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.