logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Posta en práctica de medidas para a utilización das vivendas baleiras. Co fin de favorecer a posta no mercado das vivendas desocupadas, (máis de 18.600 en Vigo segundo os datos da FEGAMP do ano 2018) proporemos aumentar o tipo impositivo destas nun 50% no Imposto sobre Bens Inmóbeis para aquelas vivendas baleiras sen consumos de auga e luz durante máis de 2 anos e que non sexan segundas residencias nin herdanzas directas. Para a efectividade desta media, crearase un rexistro municipal de vivendas desocupadas ou se establecerán aqueles outros mecanismos que dispoña a lexislación aplicábel na materia.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.