logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Posta en marcha dun Plan de Vivenda Municipal de Alugueiro, a prezos accesíbeis, a través dun servizo de bolsa de alugueiro que xestione a oferta e a demanda de arrendamento de vivendas no noso municipio, a través dunha futura EMV. Este servizo garantirá aos arrendadores un seguro multirisco, garantía de pagamento de rendas e todas as xestións de alugueiro da súa vivenda e aos arrendatarios, un contrato supervisado polo Concello e as mellores condicións económicas, así como a tramitación de axudas e subvencións.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.