logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Defenderemos os nosos montes comunais. A maior parte do monte no noso concello é monte veciñal en man común. Este monte está profundamente degradado pola construción de infraestruturas: autoestrada Rande-Puxeiros, Puxeiros-Val-Miñor, Segundo Cinturón.... Esta degradación é consecuencia de que as avaliacións de impacto ambiental (AIA) das obras realizadas foron moi deficientes. É responsabilidade da administración municipal a defensa ambiental do territorio. Sen embargo un aspecto que contribuíu, de xeito importante, á deficiencia das AIA foi a falla de interese mostrado dende o concello na valoración ambiental dos proxectos, e o non facilitar ós veciños e veciñas o coñecemento dos aspectos ambientais dos proxectos que poderían afectarlles na fase de información pública. - Outros factores de degradación que combateremos son os incendios forestais, os vertedoiros, a plantación de especies autóctonas, a praga da acacia, etc.

Comparte a proposta

1
emenda de Francisco javier Fernandez fernandez
Declarar Vigo municipio libre de eucaliptos ,acacias prohibindo a sus plantacion e promovendo o cambio a especies autóctonas.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.