logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Defensa do noso patrimonio hídrico. Outro aspecto importante na xestión do monte é a conservación do sistema hídrico constituído polas fontes, manantiais e canais de regadío. Todo este sistema constitúe, ademais dun importante patrimonio histórico e etnográfico, un recurso imprescindible tanto para o aproveitamento da auga, como para controlar e regular a escorrentía. O abandono e descoñecemento deste sistema ocasiona importantes problemas de erosión, afundimentos do pavimento e inundacións cando se urbaniza unha zona sen ter en conta ditos canais de drenaxe. A identificación dos lugares naturais e hídricos de interese. Sinalizaremos adecuadamente a localización das fontes existentes, canais de rego, manantiais, cintos verdes, enclaves paisaxísticos destacados, etc.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.