logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Aumento e defensa do patrimonio natural e os espazos verdes. Incrementaremos, protexeremos e promocionaremos o bo uso do patrimonio natural e os espazos verdes, porque consideramos unha compoñente funcional que mellora a paisaxe urbana e a calidade de vida e inflúen na creación de microclimas que suavizan as temperaturas e permiten a diminución do consumo enerxético, ademais de facilitar a recarga dos acuíferos, a protección respecto o polbo, o ruído e ser refuxio da fauna urbana, especialmente a das aves.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.