logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Especial interese pola contaminación electromagnética. Aplicando o principio de precaución no terreo de contaminación electromagnética avogamos por que se compartan as infraestruturas de emisión, repetición e recepción harmonizando as normas en toda a UE para evitar os posíbeis efectos non desexados na saúde. Tamén nesta materia faremos estudos técnicos co fin de ordenar, situar, con criterios técnicos e urbanísticos, e racionalizar a implantación destas infraestruturas, así como asegurar un elevado nivel de protección para a saúde das persoas.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.