logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Reforma para un saneamento sustentábel. Implantar sistemas de tratamento de residuos sólidos e de augas residuais sustentábeis e autosuficientes, promovendo a reconversión das plantas municipais. Aproveitar para uso agrícola o residuo seco obtido tras o tratamento de augas residuais, sempre e cando non teña contaminantes. Compostar e reciclar ao máximo, establecendo plantas de procesamento local dedicadas a esta función. Estudar todas as redes e plantas de saneamento para a súa adecuación enerxética. Favorecer a depuración mediante lagoas artificiais con plantas macrófitas.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.