logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Eliminación de materiais contaminantes dos parques infantís. Retirada dos parques infantís dos pavimentos producidos a partir de petróleo pola súa insostibilidade, alta mochila enerxética e, sobre todo, polas emisións de sustancias químicas volátiles prexudiciais para a saúde que se producen en situacións de alta incidencia solar sobre o solo dos parques, así como doutras sustancias químicas presentes nas partículas que se desprenden co seu desgaste. - Substitución por materiais naturais non contaminantes e da máxima salubridade.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.