logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Promover a retirada de amianto nas construcións. Favorecer a retirada progresiva pero o máis temperá posíbel do fibrocemento con contido de amianto tanto nas vivendas particulares como nas públicas, coa máxima garantía de seguridade, p.ex. mediante a exención das taxas do ICIO a estas obras e mesmo subvencionando parcialmente as retiradas. Perseguir coa máxima dureza as verteduras ilegais de restos de amianto no termo municipal. Favorecer que estas retiradas se encarguen a empresas localizadas no Concello. Realizar informes gratuítos a todos os veciños interesados en saber se nas súas vivendas existe amianto, subvencionando as análises precisas. Realizar campañas de concienciación sobre os riscos do amianto.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.