logo Marea de Vigo

Proposta:

  1. Para establecer a cooperación entre a veciñanza da comarca urbana da que Vigo forma parte deberá constituírse a Área Metropolitana de Vigo, unha nova entidade local que será a demarcación territorial na que se planificará a ordenación do territorio, o estudo das infraestruturas de comunicación e de transporte, os servizos públicos e, en xeral, xestionarase todo o que a afecte aos intereses comúns dos seus habitantes, que terán os mesmos dereitos e obrigas independentemente do lugar da área onde residan.

  2. As competencias da área metropolitana serán a suma das que cederán os concellos preexistentes, as que deben derivar da Deputación Provinciais de Pontevedra e as que lle deberían delegar as administracións da Xunta de Galiza e do Estado español.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.