logo Marea de Vigo

Proposta:

Como xa confirmaron varios informes de Universidade de Vigo, o areal de Samil está en risco de desaparecer, pola negativa do Ministerio de Medioambiente de executar o plan de rexeneración e a incapacidade do actual goberno de favorecer o proceso de recuperación. Por iso urxe que se execute un Plan de rexeneración que, en primeiro lugar, e de forma prioritaria leve adiante o traslado do complexo deportivo do Lagares e a eliminación progresiva do actual paseo de Samil por outro de madeira sobre pilotes. Isto, combinado coa instalación de barreiras vexetais para a retención da area permitiría rescatar a posibilidade de rexeneración do complexo dunar e da desembocadura do Lagares. E que, en segundo lugar, estableza un reordeamento sustentábel para a área, para o cal sería preciso a revisión do actual PXOM. Como complemento a esta actuación, a MdV tramitara a anulación da concesión do antigo restaurante Jonathan polo procedemento de revogación de oficio, ao tratarse dun acto nulo de pleno dereito.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.