logo Marea de Vigo

Proposta:

  1. A Marea de Vigo constata que o derradeiro goberno local quixo empregar a planificación en espazos naturais no barrio de Cabral como escusa para promover a construción dun novo centro comercial de grandes dimensións, de promoción privada e para nada de interese prioritaria para o ben común, e falamos moi claramente, o proxecto de Portocabral. A Marea de Vigo (MdV) reclamará que eses espazos naturais para uso e desfrute de toda a veciñanza e que non estean subordinados á construción de máis grandes superficies comerciais. Proporemos de maneira inmediata o cambio da ordenación deste ámbito en concreto.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.