logo Marea de Vigo

Proposta:

      1. A Marea de Vigo está en contra da existencia de calquera tipo de instalacións onde se teñan animais nun estado carcerario, pois entendemos que os animais deben estar en liberdade no seu hábitat. Non obstante, entendemos tamén que debe existir un achegamento desde o mundo educativo e a sociedade á natureza, porque vivimos nela, e ela inflúe notabelmente nas nosas vidas a diario. E para poder comprendela e respectala propoñemos reconverter o zoo da Madroa en Vigo nun lugar distinto ao existente, cunhas características propias que fagan del, un lugar que combine a propia actividade de santuario de animais decomisados co espazo para o coñecemento da natureza con animais irrecuperables de especies autóctonas galegas, para dar a coñecer a nosa propia biodiversidade e os perigos aos que son sometidos.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.