logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Propoñemos crear unha Concellería de Vivenda ou, dentro da de Benestar Social, incluír unha oficina de vivenda, con persoal técnico que se ocupe de xestionar a problemática dos desafiuzamentos e das persoas sen fogar, en comunicación directa coa oficina REHAVITA da Xunta.

Comparte a proposta

1
emenda de Colectivos de Vigo
As persoas con problemas de despexo están sendo dirixidas automáticamente á oficiña da Xunta, sería importante que, o persoal social das UTAS coñeza perfectamente os recursos existentes para casos desta índole, tanto os municipais como os autonómicos, cousa que non sempre sucede agora mesmo, e polo tanto sexan formadas nesta materia, e que, haxa un punto municipal fixo que se ocupe e centralice específicamente o problema de vivienda, para que unha persoa cun problema de despexo ou falta da mesma poida ser perfectamente informado dende o eido local aínda que poida ser remitido ao REHAVITA: tamén isto serviría para poder sacar estudos, estadísticas, e coñecemento directo municipal sobre a problemática sen ter que acodir a outra administración. Este punto municipal debería estar en contacto permanente cos axentes sociais que se ocupan das problemáticas de vivenda para que exista unha coordinación absoluta entre Xunta, concello e colectivos ou organizacións.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.