logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Elaborar un censo municipal que permita coñecer realmente o número de persoas afectadas por esta problemática.

Comparte a proposta

1
emenda de Colectivos de Vigo
O propio grupo de rúa contratado en Cruz Roja podería colaborar, en coordinación cos servicios sociais municipais en elaborar este censo, achegándose ás zonas habituais de pernocta das persoas sen fogar para falar coas afectadas e coñecer a súa situación e cuantificala. Igualmente as memorias de Benestar deben incluir non só un resumo das persoas atendidas polos dispositivos, senón as que quedan sen atender e estudar por qué: se non se achegan por algunha razón, se non coñecen os servicios, se están colapsados e desistiron de tentar utilizalos... é imperativo para crear un plan de inclusión social solvente saber cántas persoas se atopan vivindo na rúa na nosa cidade e actualizalo periódicamente.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.