logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Ampliar a capacidade de acollida do albergue municipal, claramente insuficiente na actualidade, e mellorar a súa infraestructura, así como elevar o número de días que poden pernoctar de xeito continuado as persoas usuarias.

Comparte a proposta

3
emenda de Colectivos de Vigo
A capacidade de acollida pódese ampliar facendo unha reforma do mesmo edificio, no que hai espazo suficiente para ampliar o número de camas se se retiran os pasos custodiados. As prazas deberían ser alomenos duplicadas, e a pernocta debería ser indefinida ata que a situación de falta de recursos habitacionais da usuaria continúe. Asimesmo debería contemplarse a maneira de incluir un lugar onde poder deixar ás mascotas que soen acompañar ás persoas sen fogar, para que non teñan que escoller entre éstas e utilizar o dispositivo.
2
emenda de Noem� Silva �lvarez
Emenda de engádega (en nome de Matilde Rivas Alonso): “que as persoas sen teito teñan un lugar de acollida diurno e nocturno estable as 24 horas do día os 365 días do ano; que sexa a súa casa mentres non teñan casa, que ese lugar estea ao seu alcance desde o momento en que lle xurda a necesidade”.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.