logo Marea de Vigo

Proposta:

  • No que respecta ás persoas inmersas en situacións de pobreza e/ou drogodependencia, consideramos que se debe recuperar o cancelado servizo SEREOS ou mellorar o actual programa SÍSIFO, dotándoo dunha sede fixa e ben equipada.

Comparte a proposta

1
emenda de Colectivos de Vigo
No que respecta á posibilidade de mellorar o programa Sísifo, é importante enmendar as súas carencias actuais. En primeiro lugar, a ubicación é incorrecta, está relegada a unha zona industrial en Jacinto Benavente, e a poboación diana con problemas de drogadicción ou empobrecemento forman unha bolsa máis ampla no entorno do Casco Vello. Polo tanto sería importante que o programa estivese ubicado no centro de Vigo.

Amáis, precisa dun local amplo e renunciar á furgoneta, para que as usuarias non sexan atendidas á intemperie sen intimidade. Tamén se precisa dun plan de difusión e publicidade do servizo, que actualmente atópase escondido; moitas afectadas no saben da súa existencia. Poderíase informar de maneira habitual nas propias UTAS e no albergue municipal da súa existencia, e favorecer o uso do servizo, que debe funcionar non só como apoio ás persoas aqueixadas de patoloxías adictivas, senón como un punto de encontro e convivencia para persoas empobrecidas en xeral, para isto debe contar con un equipo multidisciplinar que poida supervisar un aumento das usuarias actuais e fomentar a súa utilización.
O horario de atención é escaso e habería que aumentalo.


¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.