logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Programas de formación e acompañamento cara ao emprego, adaptados aos grupos máis desfavorecidos e afastados do mercado laboral, como a poboación xitana, con medidas específicas para mozas que nin estudan nin traballan.

Comparte a proposta

1
emenda de Colectivos de Vigo
Dentro desta proposta é importante facer un grupo de traballo concreto que se ocupe da inserción laboral da poboación prostituida, dándolles ferramentas para poder abandoar a súa actividade con facilidades e apoio orientado a obter posibilidades de traballo en diferentes sectores. Tamén as persoas perceptoras de RISGA: o plan da Xunta para a contratación deste perfil é totalmente insuficiente, anecdótico e a duración dos contratos, de nove meses como máximo debería ser ampliado polo menos a doce: polo tanto pola súa banda a inserción dos perceptores non é correcta e cabería complementalo dende o concello.

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.