logo Marea de Vigo

Proposta:

Propoñemos:

-Poñer a súa disposición alternativas para a supervivencia e saída.
-Medidas orientadas á prevención e á educación en igualdade, fortalecendo unha ferramenta fundamental para a erradicación desta inxustiza social.
-Adhesión á rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinadas/os á prostitución e pola adopción de medidas abolicionistas.
-Deseño dunha campaña periódica de sensibilización á cidadanía sobre a equivalencia da prostitución á explotación sexual das mulleres e, polo tanto, unha forma máis de violencia machista.
-Esixencia ao Goberno Central, e á Xunta de Galicia, da aplicación real da Lei de Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.
-Priorización e dotación orzamentaria para á subvención dos programas que teñan por obxecto, non meramente a redución de danos da poboación en situación de prostitución, senón que ofrezan, ademais, alternativas de saída.
-Introdución nas ordenanzas municipais de publicidade exterior, a prohibición da inserción de anuncios de publicidade de locais de prostitución, tanto nas valas publicitarias, como nas rúas, taxis, etc.
Formación específica do personal do Centro de Información á Muller, cara á máxima eficacia á hora de detectar casos de trata e explotación sexual de mulleres.

Comparte a proposta

2
emenda de Colectivos de Vigo
O Centro de Información á muller debería ampliar o seu horario, dotarse de persoal multidisciplinar e dar atención máis horas á semana  con perfís diferentes de profesionais, como psicólogas, orientadoras, educadoras sociais... que ofrezan un servizo máis integral e amplo que o actual.

(Os ninguéns)

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.