logo Marea de Vigo

30
Presentada por Gabriela Ladrero

Proposta:

Adquirírese o compromiso de chegar a todos os sectores da sociedade, para lograr un cambio de actitude ante o deterioro ambiental, concienciando para unha Cultura da Terra, considerando a educación un exe fundamental na sostenibilidade do Planeta. Ë necesario incidir tanto na educación reglada o formal como na educación non reglada ou non formal.

Liñas de actuación na educación reglada:

    . Influir no curriculum educativo
    . Formación do profesorado

Liñas de actuación na educación non reglada:
     .
Faranse campañas para concienciar aos axentes sociais que podan influir na educación dos máis pequenos
       (nais, pais, aboas, abós e familiares en xeral).
     . Conectaremos cos colectivos sociais para traballar xuntos na tarefa de concienciar.
     . Crearemos unha ferramenta independente que dé flexibilidade á hora de chegar a toda a cidadanía.
     . Elaboraremos un  programa formativo para recuperación de bens de consumo, enfrontando a excesiva   
       utilización de recursos que deterioran o medio ambente, e o faremos a través de obradoiros.
     . Mentalizaremos á cidadanía da importancia que ten a auga para a supervivencia da vida. Coñeceremos o
       ciclo da auga e os mecanismos de conservación.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.