logo Marea de Vigo

25
Presentada por Marea de Vigo

Proposta:

      Educación

Co fin de favorecer o contexto que permita unha educación en igualdade, respectando a diversidade e promovendo o exercicio da afectividade, o respecto, a solidariedade e a toma de conciencia social, propoñemos:

- Constitución da Mesa de Coeducación.

- Creación de programas educativos, con perspectiva feminista, que sirvan de apoio aos centros educativos da cidade nas temáticas de coeducación, orientación profesional non sexista e prevención das violencias machistas.

- Creación das prazas necesarias nas escolas infantís (de 0 a 3 anos).

- Deseño e implantación de programas de formación en coeducación, igualdade e prevención das violencias machistas do profesorado das escolas infantís.

- Promoción de grupos de familias nas escolas infantís, centros de primaria e secundaria como espazos de debate e impulso dunha educación en igualdade.

- Instar ao Ministerio de Educación a incorporar a educación sobre igualdade entre mulleres e homes e contra ás violencias machistas como contido curricular.

- Inclusión, en todos os niveis educativos, de estratexias pacíficas de resolución de conflitos e xestión de emocións, aumentando o imaxinario e o repertorio de condutas non violentas ante o xurdimento de conflitos interpersoais.

- Promoción de plans de educación afectivosexual baseados nunha relación positiva co propio corpo, coa despatriarcalización e desmitificación de modelos.

- Revisión dos Documentos de Centro e deseño de campañas de sensibilización e visibilización da diversidade sexual, funcional, de xénero, familiar e cultural dirixidas ao profesorado, aos departamentos de orientación dos centros e ás AMPAS.

- Deseño de campañas específicas para a erradicación do acoso escolar sufrido por nenos e nenas LGTBIQ+, funcionalmente diverses, de orixe diversa e/ou racializades.

- Fortalecemento dunha escola pública e laica.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.