logo Marea de Vigo

Proposta:

Dende un enfoque non asistencial e horizontal do traballo contra a pobreza é importante non segregar ás persoas empobrecidas do ocio xeral da cidade, é dicir, darlles as ferramentas para que poidan integrarse activamente nas actividades que están ao alcance do resto das veciñas, e que habitualmente non lle son accesibles por cuestións económicas. Polo tanto propoñemos que se lles facilite a participación na cultura, no deporte, na rede veciñal, con medidas que promovan esta inclusión normalizada, como por exemplo unha exención para pagar (as perceptoras de RISGA ou pensións non contributivas) nos centros deportivos con concesión pública e posibilidade de intervención en tarifas, como o máis que Auga; unha recomendación ás asociacións de veciñas para todas teñan cotas máis reducidas ou gratuitas para persoas con baixos ingresos, a fin poidan asistir ás actividades e cursos que se ofertan, usaren os ordenadores, etc, e non mirarse sentenciados a facer convivencia únicamente entre eles nas asociacións especializadas nestes perfís. Para facer unha integración real nos barrios é importante que se normalice o uso das mesmas instalacións e ferramentas.

(Os Ninguéns)
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.