logo Marea de Vigo

26
Presentada por Vera Sobral Pérez

Proposta:

Actualmente contamos cunha única biblioteca no barrio (Praza América) que ten un horario moi reducido. As máis próximas son as de Peritos (que non abre as fins de semana nin festivos salvo en período de exames) e a da UNED. O problema é que estas dúas bibliotecas teñen que dar servizo a TODA a cidade e non hai sitios libres cando fan falla.

Creo que todo o estudantado de Vigo estaría a favor de abrir algunhas bibliotecas públicas, repartidas por barrios, para así evitar que todo Vigo teña que concentrarse no tramo Beiramar-Torrecedeira.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.