logo Marea de Vigo

Proposta:

En coordinación coas Asociacións expertas, artellar un plan integral que reforce o ocio dos barrios máis castigados pola proliferación das casas de apostas para asegurarse de que nos mesmos hai alternativas de esparcemento suficientes e atraxentes para toda a mocidade, e no caso das nenas e nenos impuso de plans de xogo infantil colaborativo e non competitivo para asentar valores alonxados do perfil de futuro xogador de apostas; todo esto en coordinación co sistema educativo, as asociacións de veciñas e as ANPAS.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.