logo Marea de Vigo

32
Presentada por Colectivos de Vigo

Proposta:

Crear dende o eido local, un Plan ou grupo de traballo específico que se ocupe de ter información precisa do mapa actual das patoloxías adictivas na cidade e intervir en torno as súas necesidades.

a) Drogodependencias: Visto o repunte de substancias como a heroína en canto a consumo, asegurarse a coordinación cos plans autonómicos de drogas e manter un contacto constante con CEDRO para pelexar porque se cubran as novas necesidades que poidan xurdir: máis profesionais, máis dotacións, etc. Ter en todo momento unha información actualizada e un interese de observatorio para que o grupo municipal teña coñecemento da evolución das problemáticas de drogadicción na cidade. Loitar contra a estigmatización destes colectivos afectados favorecendo campañas de información e prevención, poñendo en  valor e publicitando a excelente labor da unidade asistencial de drogodependencias.

b) Novas formas de adicción:

Adicción ás compras, aos videoxogos, ludopatía.... as adiccións modernas non teñen amparo dende o público e polo tanto as afectadas atópanse orfas de atención. O grupo municipal debería ter contacto directo coas asociacións que traballan neste eido para tomar todas as medidas que sexan posibles e necesarias salvando os obstáculos competenciais.

No caso da ludopatía o concello podería aportar, dende o apartado da cultura o reforzo na oferta de ocio saludable, especialmente nos barrios máis castigados polo xogo (os obreiros) e tamén asegurarse de que a policía controla, inspecciona, os salóns de apostas para asegurarse de que ningunha incumple a obriga de pedir a identificación aos usuarios e que non haxa presenza de menores nos mesmos. 

Tamén cómpre realizar unha importante campaña informativa e de prevención, nos institutos e en coordinación coas ANPAS para que se faga unha conciencia colectiva urxente sobre esta grave problemática e os pais saiban detectar sinais de alarma na casa: isto debería facerse tanto para a ludopatía como coa adicción aos videoxogos.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.