logo Marea de Vigo

Proposta:

As persoas prostituidas, homes, e sobre todo mulleres, da nosa cidade, teñen que acodir a asociacións privadas especializados porque dende o eido local non se reposta á súa situación: propoñemos un plan integral de acollemento para estas persoas, que poidan acodir, ou ben a unha traballadora social ben informada sobre este plan e as súas medidas anexas, ou ben a unha oficiña concreta que se ocupe do tema sen externalización ou mediadores: este plan debería acometer un traballo de prevención, de información, de acompañamento socioeducativo, para que as persoas que desexen abandoar esta actividade teñan dende o público un punto ao que dirixirse para seren atendidas e buscar solucións habitacionais, apoio xurídico que as poida orientar no caso de estaren en situación de trata, formación para acceder a un emprego, etc.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.