logo Marea de Vigo

25
Presentada por Rubén Pérez Correa

Proposta:

Defenderemos que o ámbito de Liñeiriños presente no anterior PXOM anulado do ano 2008 desapareza e este espazo importantísimo, parte do Monte Comunal de Cabral sexa por primeira vez clasificado como “reserva forestal” e quede fóra de calquera uso residencial, comercial, industrial, etc…

Non aprobar, en tanto en canto a aceptación da ordenación provisional para o SUC permite un máximo de 3,5 anos de redacción e aprobación do novo PXOM de Vigo, ningunha solicitude urbanística para este ámbito.

Do mesmo xeito instar á Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Montes a garantir o dereito dos comuneiros e comuneiras á participar nas asembleas, a ser parte das decisións que hoxe de xeito ilegal aproba exclusivamente a xunta reitora da Comunidade de Montes e, en definitiva, aplicar a Lei de Montes de Galicia sobre o Monte Comunal de Cabral e evitar a excepcionalidade que se está a producir.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.