logo Marea de Vigo

Proposta:

Nas unidades de traballo social, as traballadoras estánse a convertir en meras administrativas, que invirten o 75% do tempo en facer labouras mecánicas de tramitación, afastándose da súa vocación real, que é o traballo inclusivo e multidisciplinar, personalizado para persoas empobrecidas.

Isto é imposible de facer cos tempos de atención actuais, pero aínda que a plantilla aumente (urxente e necesario), é importante buscar a maneira de reestructurar o departamento para asegurarse de que as profesionais teñan menos carga de traballo burocrático e poidan adicarse ás cuestións directamente relacionadas co seu posto: orientar, arroupar, apoiar, escoitar, dar saídas ás persoas empobrecidas que non só pasen polo xesto asistencial de propoñer para cada problema unha pequena axuda municipal (normalmente reactiva e non preventiva) e encher formularios e informes. Para facer estudos profundos sobre a situación de cada afectada, para seguir a súa evolución e tentar ser un apoio firme para a súa saída do empobrecemento, o tempo das traballadoras ten que consumirse en atencións efectivas e non en seren expendedoras do laberinto de axudas do catálogo.

Propoñemos que elas mesmas expliquen, sabendo as necesidades das afectadas, a forma que debería ter o departamento para que unha UTS sexa moito máis que un centro de trámite. Asegurarse de que poidan desenrolar a súa labor principal repercutiría nun descenso da enorme incidencia das baixas no sector, que se producen tanto polo colapso pola frustración de non contribuir á saída da pobreza das cidadás.

Os Ninguéns Vigo.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.