logo Marea de Vigo

25

Proposta:

Cada ano quedan fóra centos de veciñas polos baremos excluíntes que ten o cheque, sen se quera cubrir o número de persoas perceptoras de RISGA da cidade. Propoñemos aumentar os fondos, flexibilizar os topes de renda permitida e mudar o modelo actual, mediante unha reunión coas traballadoras sociais para que elas propoñan a mellor forma de entregar estas axudas: se é máis pertinente que estean dispoñibles TODO O ANO e ilas adxudicando según necesidade, etc. A estructura de cobro unha vez ao ano dunha "pequena paga extra" en moitos casos, de contías ridículas, estáse a converter nun instrumento de propaganda electoral con pouca incidencia real na vida das empobrecidas: isto demóstrase mirando as cifras, ano tras anos as peticionarias son as mesmas e non se reducen, o que é un síntoma da perpetuación das situacións cronificadas que este instrumento non solventa.

(Os Ninguéns)
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.