logo Marea de Vigo

Proposta:

Exercer a competencia en materia de cooperación para o desenvolvemento baixo un enfoque de xénero, de defensa dos dereitos humano e da sostenibilidade ambiental que garanta a súa vocación transformadora. Visibilizar a competencia integrándoa na denominación da concellería ou servizo responsable da mesma *

* Cómpre aclarar que a Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local non impide que as administracións locais poidan exercer a competencia en materia de cooperación para o desenvolvemento. Simplemente, requírese a solicitude de informes previos e vinculantes da Xunta de Galicia (Consellería de Facenda e Vicepresidencia e Consellería de Presidenza, Xustiza e Administracións) en relación a que non se pon en risco a sostenibilidade financeira da Facenda local e á inexistencia de duplicidades para o exercicio da mesma. A Xunta de Galicia ten respondido favorablemente a todas as administracións locais galegas que solicitaron os devanditos informes nos últimos anos.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.