logo Marea de Vigo

Proposta:

AXUDAS PÚBLICAS TRANSPARENTES E EN CONCORRENCIA COMPETITIVA. Dotar convocatorias públicas de axudas para apoiar a posta en marcha, por unha banda, de iniciativas de cooperación para o desenvolvemento en países empobrecidos e, pola outra, de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global no noso territorio, en alianza coas entidades da sociedade civil especializada. A aposta polas convocatorias públicas garantirá a publicidade, a concorrencia competitiva e a transparencia na xestión das axudas.
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.