logo Marea de Vigo

Proposta:

ACCIÓNS COORDINADAS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL. Poñer en marcha programas e iniciativas integrais de sensibilización e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global nas nosas cidades e vilas para fomentar unha cidadanía crítica, participativa e comprometida coa construción dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas, onde prevaleza a cultura de paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non discriminación, solidariedade e cooperación. As iniciativas permitirán dar a coñecer as problemáticas globais que afectan ao mundo e conectalas coas realidades locais que acontencen nas cidades e vilas de Galicia e coa cidadanía que participa en iniciativas de cooperación no Sur global.<br>
Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.