logo Marea de Vigo

Proposta:

A cidade de Vigo necesita abandonar os seu urbanismo caótico, creemos que a mellor forma de conseguilo é cambiar o modelo de cidade: unha cidade con menos tráfico rodado e mais espazos verdes, con lugares para as veciñas para un ocio non consumista e saudable. A rehabilitación do Barrio do Cura, despois de anos de abandono público e especulación urbanística, pode ser o primeiro exemplo dunha nova cidade, respetuosa coa historia e o medio ambiente. Por iso queremos conservar os 10000 m2 de espacio verde do Barrio do Cura en lugar de edificar novos inmobles convertendo esta zona da cidade nun lugar público para o disfrute das veciñas. O impacto visual negativo que a edificación desta zona pode supoñer na vista xeral do Casco Vello pode ser tan importante como a do Centro Comercial A Laxe. Como alternativa o plan do equipo actual á fronte do Concello en colaboración con empresas inmobiliarias, propoñemos as seguintes medidas:

  • 1.      Conservar parte do seu terreo coma horta comunitaria de xestión pública respetando así a historia de Vigo xa que é un terreo cultivado desde o século XII.
  • 2.       Manter as súas árbores e outras plantas creando un xardín de uso veciñal con inmellorables vistas á ría de Vigo.
  • 3.       Abrir unha senda peonil e para bicicletas que conecte Torrecedeira e Santa Marta con Poboadores. 
  • 4.       Rehabilitar os seus edificios de recoñecido interese histórico.
  • 5.       Conservar o acuífero da Barroca e a rehabilitar o lavadoiro do Barrio do Cura.
  • 6.       Manter o uso do Asilo con fin social e rehabilítalo como albergue para persoas sen teito; dado o insuficiente número de prazas en Vigo para este fin. 

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.