Ramón Lareu

Nacín en Canido-Oia e teño 39 anos. Licencieime en Filoloxía Galega na USC. Na Universidade,
participei activamente nas mobilizacións estudantís contra a LOU, contra as guerras imperialistas
e polo desastre do Prestige. Tamén participei na loita sindical e cultura.
Fago parte de Anova-Irmandade Nacionalista dende a súa fundación.

Participo da Marea de Vigo porque constitúe a mellor ferramenta para a unidade popular na nosa cidade,
agrupando persoas de distintas sensibilidades que compartimos un obxectivo claro: colocar por diante
as necesidades e os dereitos da maioría social.